remove_red_eye 208
favorite_border 0
share

Campaña Nadal, 2018

Campaña de Nadal 2018: “Comercio de Narón, en Nadal e Sempre”

Un ano máis poñemos en marcha a campaña de promoción do pequeno comercio local, promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes de Narón.

Nesta campaña poden participar tódolos pequenos comercios da cidade de Narón que se inscriban, independientemente de que perteñezan ou non á ACN. A participación é gratuita e únicamente obriga ao cumprimento das normas.


Premios:

Durante a campaña sortearanse, entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da campaña:

  • 4 cestas de Nadal.
  • 2 vales de compra de 500 euros cada un
  • 2 vales de compra de 300 euros cada un

Normas de uso e disfrute do navitren:

Esta actividade está pensada para disfrute dos nenos, non dos adultos.
Rógase comportarse con civismo e educación, para dar exemplo aos nenos.
Teñen prioridade de uso os nenos que teñan ticket-invitación independientemente de que chegaran antes ou despois á parada.
Os tickets-invitación pódense conseguir nos comercios asociados á Asociación de Comerciantes de Narón que participan nesta campaña. A relación destes comercios pódese consultar na web www.comerciodenaron.es
IMPORTANTE: no caso de ter que pagar a viaxe, débese levar o importe exacto; non teremos a obriga de levar cambio no tren.

NENOS CON INVITACIÓN:
•    Cada neno debe ir acompañado COMO MÁXIMO de 1 adulto, que precisará invitación ou pagar a viaxe (1 Euro).
•    Varios nenos, cando van en grupo, poden ir acompañados dun único adulto que se responsabilizará deles. Cada neno deberá levar a súa invitación, e o adulto tamén deberá levala ou pagar a viaxe (1 Euro).
•    É obrigatorio viaxar sentado. Non levantarse ata que o indique a axudante.
NENOS SEN INVITACIÓN:
•    Deberán pagar a viaxe (1 Euro) no momento de subir ao Navitren.
•    Cada neno debe ir acompañado COMO MÁXIMO de 1 adulto, que deberá pagar a viaxe
•    É obrigatorio viaxar sentado. Non levantarse ata que o indique a axudante.

Enviar un comentario

message
email
person

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies