Campaña de Nadal 2018: «Comercio de Narón, en Nadal e Sempre»
Un ano máis poñemos en marcha a campaña de promoción do pequeno comercio local, promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes de Narón.
Nesta campaña poden participar tódolos pequenos comercios da cidade de Narón que se inscriban, independientemente de que perteñezan ou non á ACN. A participación é gratuita e únicamente obriga ao cumprimento das normas.
Premios:
Durante a campaña sortearanse, entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da campaña:
- 4 cestas de Nadal.
- 2 vales de compra de 500 euros cada un
- 2 vales de compra de 300 euros cada un
Normas de uso e disfrute do navitren:
Esta actividade está pensada para disfrute dos nenos, non dos adultos.
Rógase comportarse con civismo e educación, para dar exemplo aos nenos.
Teñen prioridade de uso os nenos que teñan ticket-invitación independientemente de que chegaran antes ou despois á parada.
Os tickets-invitación pódense conseguir nos comercios asociados á
Asociación de Comerciantes de Narón que participan nesta campaña. A
relación destes comercios pódese consultar na web www.comerciodenaron.es
IMPORTANTE: no caso de ter que pagar a viaxe, débese levar o importe exacto; non teremos a obriga de levar cambio no tren.
NENOS CON INVITACIÓN:
• Cada neno debe ir acompañado COMO MÁXIMO de 1 adulto, que precisará invitación ou pagar a viaxe (1 Euro).
• Varios nenos, cando van en grupo, poden ir acompañados dun único
adulto que se responsabilizará deles. Cada neno deberá levar a súa
invitación, e o adulto tamén deberá levala ou pagar a viaxe (1 Euro).
• É obrigatorio viaxar sentado. Non levantarse ata que o indique a axudante.
NENOS SEN INVITACIÓN:
• Deberán pagar a viaxe (1 Euro) no momento de subir ao Navitren.
• Cada neno debe ir acompañado COMO MÁXIMO de 1 adulto, que deberá pagar a viaxe
• É obrigatorio viaxar sentado. Non levantarse ata que o indique a axudante.