fbpx

Campaña de nadal 2020 de promoción do comercio local

Campaña de nadal 2020 de promoción do comercio local

A concellalía de promoción económica do concello de Narón, en colaboración coa ACN, ven de poñer en marcha unha nova campaña para promover o pequeno comercio local.

A través de dita iniciativa preténdese dotar ao pequeno comercio de Narón dunha imaxe comercial forte e dunha plataforma de impulso de vendas, que prevea posibles peches temporais dos establecementos por mor da pandemia do COVID.
Por tanto, como medida de prevención de contaxios, elimínase toda interacción por contato, limitándose o uso de papelería únicamente á colocación dos carteis informativos nos escaparates dos comercios participantes.
Refórzase o uso das novas tecnoloxías, fomentando a modernización do tecido comercial, e permitindo a participación en caso de ventas on-line ou entregas a domicilio.

Somos conscientes de que isto supón unha barreira de entrada á participación do comercio máis tradicional, do mesmo xeito que a determinados perfís de clientes, pola vertente tecnolóxica. Con todo, consideramos que a evolución do comercio é algo que se debe impulsar levando a cabo pequenas accións que propicien o paulatino uso das novas tecnoloxías, fomentando a innovación no sector.

Para compensar esta previsible redución de participación, decidimos incorporar dentro da mesma campaña, outra serie de accións que potencien a difusión da mesma e xeren, ao mesmo tempo, un clima de optimismo e ilusión, tan necesarios neste turbio ambiente de desesperación, depresión e pensamento negativo que nos toca soportar.

Tendo en conta todos estes aspectos, planificamos unha campaña que agrupa as seguintes accións:

  • Estratexia de fidelización: rexistro de compras a comercios cunha tarxeta de puntos
  • Estratexia de márketing relacional: concurso de redacción infantil
  • Estratexia de márketing relacional: concurso de debuxo Infantil
  • Estratexia de viralización: concurso en redes sociais

Os clientes que se rexistren na campaña escaneando o código QR dos carteis e rexistrándose, poderán acumular puntos con cada compra, e entrar así no sorteo de 4 cestas de Nadal, 2 vales de 500€ cada un, e outros 2 vales de 300€ cada un, tan so con só mostrar a súa tarxeta virtual ou o seu QR persoal ao comercio ao facer a súa compra.

Toda a información da campaña pode consultarse nesta ligazón: www.comerciodenaron.com/nadal-2020

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.