Planificación anual

Planificación anual

El pasado día 12 de Marzo, la directiva se reunió para realizar la planificación anual.

Previamente se hizo una invitación vía WhatsApp a los asociados para que aportasen ideas o sugerencias a fin de ser debatidas en la reunión, no habiéndose recibido ninguna propuesta.

Se inició la reunión a las 20:00h con la asistencia de María, Alba, Eva, Susana, Rocío y Víctor.

Finalizó la reunión a las 24:00h con el acuerdo de llevar a cabo una serie de acciones a lo largo de este año, se fijó un objetivo de socios, se acordó la celebración de un desayuno de trabajo mensual, y la elevación de una serie de propuestas a la concejalía de promoción económica.

Programación prevista año 2019

En función de las aportaciones que se puedan lograr procedentes de subvenciones y patrocinios privados, esta es la planificación de la ACN para el año 2019:

A Directiva da Asociación de Comerciantes de Narón, reunida o pasado día 12 de Marzo de 2019, acordou a seguinte proposta de acción, obxectivos e actividades previstas para o ano en curso:

CAPÍTULO ECONÓMICO:

  • Solicitar a subvención da Deputación da Coruña para asociación e entidades sen ánimo de lucro relacionadas có pequeno comercio R.P. n.º 2019/5226, do 11/02/2019, do programa FOENAA 2019
  • Solicitar patrocinio doutras entidades privadas para o desenrolo de accións promocionáis e actividades da ACN.

CAPÍTULO MASA SOCIAL:

  • Fixar como obxectivo rematar o ano con 75 establecementos asociados, o que suporía, aproximadamente, o 45% do total de comercios de Narón.

CAPÍTULO ACCIÓNS E ACTIVIDADES PROMOCIONAIS:

Despois de solicitar propostas dos asociados e de cada un dos membros da directiva, acórdase intentar levar a cabo as seguintes accións e actividades, sempre tendo en conta a limitada capacidade económica da ACN, e en función dos ingresos que se poidan acadar por vía subvencións e vía patrocinios:

Campañas Promocionáis:

  • Campaña de Primavera: contratación integral da campaña
  • Campaña de Outono: contratación integral da campaña
  • Campaña de Nadal: contratación de Navitren, bus turístico ou semellante.

Accións de Promoción do pequeno comercio:

  • “Animarúa”: acción equivalente á Fashion Night, distribuida por barrios
  • Bolsas corporativas: en materiais reutilizables. Facer 3 repartos ao ano entre os comercios asociados.
  • Pegatinas corporativas de “Comercio Asociado”
  • Elaboración e distribución dun folleto corporativo con cupóns desconto e/ou ofertas. Facer 3 tiradas ao ano de distribución masiva.

Accións de Formación e reciclaxe:

  • Planificar cursos, incentivando a participación cun sorteo entre os asistentes. Exemplos:
    • Curso de escaparatismo
    • Curso sobre redes sociais
    • Curso de comercio electrónico
    • Curso de técnicas de venta e atención ao cliente

Fomento das relacións sociais:

  • Organizar 1 almorzo de traballo ao mes entre a directiva. Pódese facer con máis frecuencia en función da carga de traballo puntual da ACN.
  • Organizar un encontro trimestral con aperitivos para os asociados, coa condición de que deban aportar algunha proposta ou iniciativa por escrito á hora de inscribirse. O encontro serviría para fomentar a relación entre os asociados, que coñezan de primeira man a actividade da ACN, e para poder debater as iniciativas presentadas.

CAPÍTULO DE IMPULSO INSTITUCIONAL:

Acórdase manter un encontro co Concelleiro de Promoción Económica para presentarlle unha serie de propostas encamiñadas á creación de emprego e a apertura de novos comercios en Narón:

  • Potenciar e divulgar a activade do servizo de orientación laboral, impartindo charlas en institutos para dalo a coñecer.
  • Creación dunha incubadora de empresas, dotándoa de persoal cualificada para asesorar e acompañar na posta en marcha de novos comercios e pequenas empresas. Para elo poderíase contar con axudas da U.E., Deputación, Xunta ou mesmo co patrocinio dalgunha Fundación. A ACN podería colaborar coa creación e organización dun premio anual de emprendemento. Como sede podería ser -por exomplo- o cuartel da garda civil de Xuvia ou o actual centro de saúde, unha vez posto en funcionamento o novo.
  • Impulsar o asentamento de grandes industrias produtivas non necesariamente vencelladas ao naval, para levar a cabo unha reindustrialización real, organizando misións comerciais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.