Desde o Concello de Narón invitarase aos establecementos que ofrezan ceas, menús especiais ou comida para levar durante as datas festivas de Nadal a comunicalo para aproveitar na difusión que se realizará no marco da campaña.
Os establecementos deberán enviar a súa información ao correo electrónico nadalnaron2024@gmail.com.
Pingota Comunicación S. Coop. Galega recompilará a relación de locais que ofrezan ceas de Nadal, menús especiais e comida para levar durante as datas de Nadal para elaborar un listado que se publicitará a través das redes sociais do Concello de Narón e das Asociacións de Comerciantes e Hostaleiros.
Escribe un comentario