fbpx

Campaña Nadal 2021 do Concello de Narón

Programa del evento

Fecha de inicio
13 diciembre 2021
Hora de inicio
lunes 1:00 AM
Finalización
31 diciembre 2021
Hora de fin
viernes 11:59 PM

Ubicación del evento

Narón, España

Sobre el evento

Concurso “sube o teu tíquet”

  • Fai unha compra nalgún dos comercios participantes.
  • Rexístrate na aplicación web da campaña (recibirás un mensaxe no email para verificar que o enderezo está correcto e cunha ligazón para participar). Faille unha foto ao tíquet de compra (superior a 10€) e súbeo á web do concurso.
  • Partiparás no sorteo de 4 cestas de Nadal, valorada cada unha en máis de 180€
  • E si subes máis de 4 tíquets, ademais entras no sorteo de 2 vales de 500€ cada un, e outros 2 de 300€ cada un.

Concurso de fotografía

  • Fai unha foto dentro dun dos comercios participantes na campaña (mellor si sales tí ou o comerciante na foto 😉
  • Súbea á web do concurso. Podes subir ata 10 fotografías.
  • Compártea para que a voten. Canto máis divertida, navideña ou sentimental sexa a foto, máis votos recibirá.
  • Si as túas fotos están entre as 10 máis votadas, entrarás no sorteo de 3 vales de compra de ata 100€

Concurso de vídeo-felicitación

  • Fai un vídeo curto felicitando o Nadal desde un rincón decorado da túa casa. Felicita tamén nel a un dos comercios participantes na campaña.
  • Sube o vídeo á web do concurso. Podes subir ata 10 vídeos curtos.
  • Compárteo para que o voten. Canto máis divertido, navideño ou sentimental sexa o vídeo, máis votos recibirá.
  • Si os teus vídeos están entre os 10 máis votados, entrarás no sorteo de 3 vales  de compra de ata 100€

Quero participar como comercio

Quero participar como cliente

Lista de comercios participantes

Bases da campaña:

BASES LEGAIS DA CAMPAÑA

  1. OBXECTIVOS DA “CAMPAÑA NADAL 2021”

A presente campaña ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio da localidade de Narón durante a época de Nadal.
Refórzase o uso das novas tecnoloxías, fomentando a modernización do tecido comercial, e permitindo a participación en caso de ventas on-line ou entregas a domicilio.
Para paliar a barreira de entrada que supón a innovación, foméntase a participación das familias, implicando na campaña aos clientes.

  1. DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A “Campaña Nadal 2021” abarca do 1 ao 31 de decembro de 2021 ás 23:59h e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma; podendo ser prorrogada de común acordo entre promotor (Concello de Narón) e a empresa coordinadora (Eventi).

Colabora nesta Campaña a Asociación de Comerciantes de Narón, con accións propias

  1. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

3.1 Participación como comercio.

A empresa coordinadora encargarase de informar e propor aos comercios de Narón, a adscrición á campaña.

A participación é voluntaria e gratuíta.

Os establecementos comerciais que desexen sumarse á campaña, poderán facelo ben a través de Internet (www.comerciodenaron.com), a través do email nadal2021@eventi.es ou por whatsapp (607.391.660 ou 613.138.107). Poderá inscribirse, por tanto, calquera comercio de Narón que estea considerado como pequeno comercio.

Os establecementos participantes terán nas súas fachadas ou escaparates un cartaz identificativo.

Os requisitos de participación para os comercios serán os seguintes:

  • Estar considerado como “pequeno comercio”
  • Estar aberto en Narón
  • Cumprir coa normativa legal de entregar con cada compra un tíquet de caixa ou ben un recibo normalizado (dos que se mercan en librarías). Os tíquets e recibos debrán conter, polo menos, o nome do comercio, a data de compra e o importe con decimáis.
  • Ter colocado, en lugar ben visible, or cartaz da campaña.
  • Cumprir as presentes Bases.

3.2 Participación como cliente.

Os requisitos de participación para os clientes son:

  • Poderán participar aquelas persoas maiores de idade que fagan compras nos comercios inscritos na Campaña dentro de período de validez da mesma.
  • Poderán participar os empregados e propietarios dos comercios cando actúen como clientes, ou sexa, cando fagan compras en comercios distintos ao propio.
  • Os datos persoais cos que os participantes cubran o formulario de inscrición deberán ser datos reais.
  1. MECANICA DA CAMPAÑA

Tendo en conta os obxectivos, planificamos unha campaña que agrupa as seguintes accións:

  • Fidelización: subir os tíquets de compra a unha aplicación web
  • Márketing relacional: concurso de fotografía na web
  • Márketing relacional: concurso de vídeo felicitación na web
  • Viralización: concurso en redes sociais

4.1 Estratexia de fidelización: subir os tíquets á web

A mecánica da Promoción consiste en facer unha compra superior a 10 € en algún dos comercios inscritos, pedir o tíquet ou recibo válido de compra e subilo á aplicación da campaña. Cantos más tíquets se suban, máis posibilidades hai de acadar un premio.

4.2 Estratexia de márketing relacional: concurso de fotografía na web.

A mecánica consiste en subir unha fotografía dentro dun dos comercios participantes, e subila á web do concurso, animando a familiares e amigos a votala. Os premios sortearanse entre as fotografía máis votadas.

Podes subir ata 10 fotografías.

4.3 Estratexia de márketing relacional: concurso de vídeo-felicitación na web

A mecánica consiste en subir un vídeo dende o domicilio, nunha estancia decorada con motivos de nadal, e transmitir unha felicitación orixinal, divertida ou emotiva, que inclúa unha dedicatoria a un dos comercios participantes. Os premios sortearanse entre os vídeos máis votados.

Podes subir ata 10 vídeos.

  1. PREMIOS
  • Premios para os comercios inscritos.

Establécense os seguintes premios para os comercios:

    • Sorteo de 3 vales de compra de 200 euros cada un entre os comercios participantes sempre e cando teñan entregado algún tíquet alomenos a 3 clientes e estes o teñan subido á web.

Os vales de compra deberán ser canxeados en alomenos 2 dos comercios que cumpren este requisito -agás no propio- antes do 15 de xaneiro de 2022.

  • Premios para os clientes.

Establécense os seguintes premios para os clientes:

    • Sorteo de 1 cesta de Nadal á semana, entre os clientes que teñan subido algún tíquet á aplicación
    • Sorteo de 2 vales de compra de 300€ cada un, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan subidos 4 ou máis tíquets á aplicación web. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2022 en alomenos 3 dos establecementos que teñan entregado algún tíquet alomenos a 3 clientes.
    • Sorteo de 2 vales de compra de 500€ cada un, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan subidos 4 ou máis tíquets á aplicación web. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2022 en alomenos 3 dos establecementos que teñan entregado algún tíquet alomenos a 3 clientes.
    • Concurso de fotografía: sorteo de 3 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes máis votados. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2022 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña
    • Concurso de vídeo: sorteo de 3 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes máis votados. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2022 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña
    • Concurso en redes sociais: sorteo de 2 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2022 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña.
  • Entrega e disfrute dos premios.

As entregas dos vales de compra producirase no Concello de Narón, en data e hora que serán comunicados telefónicamente ou por email, ou ben serán descargados dende a web.

Un mesmo participante non pode levar máis de 1 premio en cada acción; é dicir, como moito poderá gañar 1 cesta + 1 dos vales de 500 ou 300 euros + 1 vale do concurso de fotografía + 1 vale do concurso de vídeo-felicitación, pero non poderá gañar 2 cestas, nin 2 vales de 500 ou 300 euros, nin 2 vales do concurso de fotografía, nin 2 vales do concurso de vídeo-felicitación.

  • Responsabilidade e Potestade

A empresa Eventi coordina esta campaña para o Concello de Narón (entidade Organizadora), e por tanto encárgase de todo o proxecto de campaña que engloba: a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.

Eventi non asume responsabilidade nin merece mérito algún sobre as accións levadas a cabo pola ACN.

Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, solventarase de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi, cuxas decisións serán inapelables. Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi para liquidar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou responsabilidade algunha cos establecementos ou participantes

  1. LIMITACIÓNS

Si se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre con os requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, súa participación considerarase nula e quedarán automáticamente excluidos da Campaña, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Campaña.

Non poderán participar na Campaña as seguintes personas:

  • Non poderán participar como clientes os propietarios ou empregados dos comercios, nos seus propios establecementos.
  • O persoal da empresa organizadora, Eventi.
  • Os concelleiros e alcadesa do Concello de Narón.

Os premios conseguidos por propietarios ou empregados de comercios non se poden canxear no comercio propio ou no que están empregados.

Eventi resérvase o dereito, si concurre xusta causa e previa comunicación en legal forma, de facer calquer cambio, suspender ou ampliar esta Campaña.

No caso de que algún dos premios non poidese ser entregado por non haber participantes suficientes, o destino do premio decidirase de común acordo có Concello de Narón, facéndose público o acordo acadado.

Correrán a conta e cargo dos gañadores calquer carga fiscal ou tributaria que a acetación do premio puidera supoñerlle, así coma calquer outro gasto derivado da campaña que non esté expresamente asumido por Eventi nas Bases Legais publicadas na web da Campaña (www.comerciodenaron.com).

7.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A empresa responsable do tratamento dos seus datos é TOTAL EVENTI 2015 SL, con domicilio en Narón, rúa Río Castro, 2, Edif 2000, Local 7, e número identificativo B70196217.

Eventi tómase moi en serio a protección da privacidade e dos seus datos persoais. Por tanto, a súa información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, cada Participante, coa aceptación das Bases Legais consente que os datos persoais facilitados para a participación nesta Campaña sexan incorporados a un ficheiro titularidade de TOTAL EVENTI 2015 SL para tramitar a participación na campaña e para comunicarlle o premio no caso de que resultase ganador.

Informámoslle que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades:

  • Dar a coñecer aos participantes
  • Dar a coñecer aos gañadores
  • Facilitar a súa participación na Campaña

A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizalos para fins divulgativos e na propia web. Deste dereito o participante tamén fai partícipe ao Concello de Narón.

O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.

Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Eventi, calquera modificación dos mesmos. Eventi resérvase o dereito a excluír da presente promoción a todo Participante que facilite datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Eventi de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.

Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (*iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email: produccion@eventi.es, indicando o motivo da súa petición e aportando algún documento que garanta a súa identificación.

Os Participantes poden tamén, enviar a súa petición por correo ordinario ó seguinte enderezo: rúa Río castro, num 2, edif. 2000, local 7, 15570 Narón, acompañando copia do DNI ou documento legal identificativo.

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.

Para máis información, podes consultar a política de privacidade de Eventi a través da seguinte ligazón: https://eventi.es/legal.php

 

 

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

image
ACN
Asociación de Comerciantes de Narón

Write Comment

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.