Chegar e Encher

Chegar e Encher

Campaña Outono, 2015

«Chegar e Encher» é o slogan da campaña de otono 2015 da Asociación de Comerciantes de Narón para promover o pequeno comercio local.

A campaña, que vai dende o 15 de Outubro ao 15 de Novembro divídese en varias accións cada unha delas cunha recompensa para os clientes que fagan as súas compras habituáis no pequeno comercio de Narón.

Así, temos:

Compras semanáis gratuitas:

Por cada compra de máis de 20€ que fagas nos comercios da campaña, entras no sorteo semanal de 2 vales de compra por valor de 50€ cada un canxeables por compra.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. Os números premiados publicaranse nesta web. Os vale deben ser canxeados antes do 15 de Novembro. A partir deste día dixan de ser válidos.

Cada semana: 2 compras de 50€

Os paraugas dos 100€:

Si compras algún dos paraugas de edición limitada da campaña (so hai 25 paraugas), por un prezo de 6€, entras no sorteo dun vale de compra por valor de 100€ que deberás canxear en alomenos dous dos comercios da campaña.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. O último día de campaña ou cando se rematen os paraugas será cando se faga o sorteo. O número premiado publicarase nesta web. O vale debe ser canxeado antes do 30 de Novembro. A partir deste día dixa de ser válido.

Por un paraugas de 6€ podes gañar 100€ en compras.

Selfie-facebook:

Cada vez que fagas unha compra nalgún dos comercios da campaña, faite un selfie de maneira que se recoñeza fácilmente o comercio. Sube a foto ao Evento do Grupo de facebook do comercio de Narón. De entre todalas fotos, ao remate de campaña elexiremos unha en base ao seguinte criterio:

  • Que se recoñeza fácilmente de qué comercio se trata
  • Que se vexa a compra
  • Que no selfie saia tamén o propietario ou persoal do comercio
  • A viralización da foto: o número de veces que se comparta.
  • E sobretodo, a orixinalidade, simpatía e bon rollo da foto.

O gañador ou gañadora terá como premio 50€ en compras.

Castañas gratis:

Cada venres, O Castañeiro de Neda estará vendendo castañas nunha das zonas de comercio de Narón: Sta Icía, A Gándara, Piñeiros, Xuvia.

Si fas compras no comercio de Narón, podes recibir como agasallo un vale canxeable por un cucurucho de riquísimas castañas asadas. O vale podes canxealo en calquera das ubicacións do posto de castañas.

IMPORTANTE: os vales deben ir selados por detrás co selo do comercio. Estos vales deben ser canxeados antes do 15 de Novembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.