Aviso de cortes de tráfico

Aviso de cortes de tráfico

Cortes de tráfico por obras de mantemento na estrada da Trinchera e no acceso á FE-12 en dirección ao polígono de Río do Pozo

A execución de traballos de mantemento viarios implicará varios cortes de tráfico desde hoxe e ata o mércores, día 13, na FE-11 (estrada da Trinchera) e no acceso á FE-12 desde o polígono das Lagoas, en dirección a Río do Pozo, tal e como explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo. Na xornada de hoxe o corte está operativo no vial da Trinchera, que comunica Narón con Ferrol, nos carrís en dirección Ferrol, pechando o acceso desde a avenida do Mar. A previsión é que o tráfico quede restablecido a última hora desta mesma tarde.

Na xornada de mañá martes as obras serán nos carrís en sentido cara á Avenida do Mar, pechando o acceso á FE-11 á altura da Ponte das Cabras e das rúas Mugardos e Cabanas, restablecéndose a última hora da mesma xornada, según as previsións. O mércores día 13 o corte será no carril de incorporación á FE-12, en dirección ao polígono de Río do Pozo, quedando restablecido o tráfico rodado a primeira hora da tarde do propio mércores, tal e como se prevé.

Desde o Concello solicítanse desculpas á cidadanía polas molestias que estas restricións no tráfico rodado poidan ocasionar durante o tempo que se executan os traballos de mantemento viario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.