Campaña Primavera 2019

busca este cartel nos comercios

Esta campaña está dirixida a clientes dos comercios asociados, para agradecer a súa fidelidade e aposta polo pequeno comercio local.

Básicamente se basa na entrega duns sobres sorpresa primaverais a partir dun importe mínimo de compra que depende de cada comercio,

Os sobres conteñen un folleto informativo e unha tarxeta con unha das catro partes do trébol da sorte. O cliente que reúna as 4 partes (cada unha ten a súa posición) pode cumplimentar as tarxetas (as 4) e entregalas en calquera comercio da campaña para entrar no sorteo dos premios finais.

As tarxetas poden intercambiarse entre clientes, coma quen cambia cromos.

Non poden participar nesta campaña os propietarios dos comercios asociados nin o persoal da empresa organizadora.

A campaña comenza o 15 de Abril e remata o 31 de Maio.
Os participantes manifestan coñecer as Bases de Participación e a Política de Privacidade.