Previamente, e en concreto o pasado día 19, fíxose o sorteo para escoller os 4 comercios nos que se se sortearían as cestas, de entre todos os comercios participantes na campaña. A sorte foi para os establecementos Nuria Espasandin, Böken Viajes, Centro Óptico Narón e Bioreona.
O martes 20 personámonos en ditos comercios para facer o sorteo entre as papeletas depositadas nas súas urnas, saíndo gañadoras -por tanto- as seguintes clientas:
- Ana Outeiral (en Böken Viajes)
- Ana I. Suárez (en Nuria Espasandín)
- María L. Barros (en Bioreona)
- María del Mar martínez (en Centro Óptico Narón)
Esta mañá as premaidas foron recibidas no concello pola Alcaldesa, Marián, a Concellal de Promoción Económica, Olga, e pola vocal da ACN, Susana, asociación que tamén colabora nesta campaña promocional, para facerlles entrega das cestas.