O Navitren da Asociación de Comerciantes de Narón estará en funcionamento os días 26, 27, 28 e 29 de Decembro, en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h (horario ampliado).

O precio da viaxe é de 1 € por persoa, agás os que presenten invitacións por ter comprado nos establecementos asociados á ACN.

As prazas son limitadas.

Os traxectos inicialmente previstos son os seguintes:

  • Traxecto 1: saída dende a parada de bus do Concello, ata a rotonda de Megasa, e regreso ao punto de partida.
  • Traxecto 2: saída dende a parada de bus do Concello, ata a rotonda de Freixeiro, logo rotonda da Ponte das Cabras, e regreso ao punto de partida.

Normas do Navitren:

  • Leve o importe xusto da viaxe; non teremos cambio.
  • Os billetes con enmendas ou tachaduras non son válidos
  • A ACN resérvase o dereito a modificar os traxectos para adaptalos á demanda. Os billetes non admiten devolucións
  • Tódolos pasaxeiros pagan billete, agás os bebés que viaxen no regazo dos pais, e as persoas que presenten invitación.
  • Non se permite levar cadeiras nin outros elementos que dificulten a evacuación.
  • Os billetes son válidos só para o día e hora asignados.
  • Os horarios de saída poden presentar variacións debido ás condicións da circulación. Os viaxeiros deberán personarse no horario de saída prefixado.

Información sobre as Invitacións:

  • As invitacións NON SON UN DEREITO; SON UNHA CORTESÍA DA ACN.
  • Deben ser canxeadas por billetes na caseta situada na saida, para un horario e prazas dispoñibles.