Bases da Campaña Nadal 2023

BASES LEGAIS DA “CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN 2023”

1. OBXECTIVOS DA “CAMPAÑA NADAL 2023”

A presente campaña ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio da localidade de Narón durante a época de Nadal.

2. DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A “Campaña Nadal 2023” abarca do 1 ao 31 de decembro de 2023 ás 23:59h e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma; podendo ser prorrogada de común acordo entre promotor (Concello de Narón) e a empresa coordinadora (Eventi).
Colabora nesta Campaña a Asociación de Comerciantes de Narón, con accións propias

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

3.1 Participación como comercio.
A empresa coordinadora encargarase de informar e propor aos comercios de Narón, a adscrición á campaña.
A participación é voluntaria e gratuíta.
Os establecementos comerciais que desexen sumarse á campaña, poderán facelo ben a través de Internet (www.comerciodenaron.com), a través do Email nadal2023@eventi.es ou por whatsapp (613.138.107 ou 607.391.660). Poderá inscribirse, por tanto, calquera comercio de Narón que estea considerado como pequeno comercio.
Os establecementos participantes terán nas súas fachadas ou escaparates un cartaz identificativo.
Os requisitos de participación para os comercios serán os seguintes:
– Ter localización física en Narón
– Ter colocado, en lugar ben visible, o cartaz da campaña.
– Cumprir as presentes Bases

3.2 Participación como cliente.
Os requisitos de participación para os clientes son:
– Poderán participar aquelas persoas maiores de idade que fagan compras nos comercios inscritos na Campaña dentro de período de validez da mesma.
– Poderán participar os empregados e propietarios dos comercios cando actúen como clientes, ou sexa, cando fagan compras en comercios distintos ao propio.
– Os datos persoais cos que os participantes cubran o formulario de inscrición deberán ser datos reais e completos (nome + apelidos + tlf).

4. MECANICA DA CAMPAÑA.
Cada comercio establecerá un importe mínimo de compra a partir do cal entregará ou selará papeleta de participación. Este importe mínimo deberá ser o mesmo para todos os clientes.
Non serán válidas sinaturas ou nomes no lugar correspondente aos selos. O selo debe conter como mínimo o nome comercial do establecemento ou o seu nome fiscal.
Para que unha papeleta sexa válida deberá ter os datos completos do participante (nome + apelidos + tlf) e o selo de 1 dos comercios participantes na campaña.

ACTUALIZACIÓN 11/12/2023: Si o comercio non dispón de selo, por exemplo por ser de recente creación, a papeleta será válida sempre e cando leve grampada o tíquet de compra cos datos do comercio (nome, nif/cif e data da compra) e os datos completos do participante.

Cada semana elixirase, por sorteo público, un comercio no que persoal da organización se achegará para sortear 1 das cestas de Nadal. O sorteo farase entre as papeletas depositadas na urna de cada un destes comercios. De non haber papeletas válidas, o sorteo farase entre os clientes presentes que teñan algún xustificante de compra dese comercio con data comprendida dentro do período da campaña.
Dependendo do día no que se inicie de forma efectiva a campaña (isto é, cando o 90% dos comercios dispoñan de urna, papeletas e cartaz) en lugar de sortear 1 cesta por semana, a organización pode decidir sortear 2 ou máis cestas por semana, ou todas as cestas o mesmo día.

5. PREMIOS
Establécense os seguintes premios para os clientes:
Sorteo de 4 cestas de Nadal entre os clientes que teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña.
Sorteo de 1 vale de compra por valor de 400 €, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.
Sorteo de 1 vale de compra por valor de 600 €, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.
Sorteo de 1 vale de compra por valor de 1000 €, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.
Sorteo de entradas ao parque Warner Bros Madrid, con aloxamento. O premio consiste en estadía en hotel concertado (***) ou semellante, en réxime de aloxamento e almorzo para 2 persoas en datas suxeitas a dispoñibilidade e agás datas sinaladas como Semana Santa, Entroido, Nadal…, e inclúe entradas para 2 persoas ao Parque Warner Bros de Madrid. Xestionado por Böken Viajes.

5.1. Entrega e desfrute dos premios.

Para cada premio extraeranse ata 4 papeletas correspondentes a premiado e 3 reservas. A comunicación a cada premiado farase mediante chamada ao número de teléfono que figura na papeleta. Si o premiado non resposta a 5 intentos de chamada para o caso das cestas, ou ao longo do día para o resto de premios, perderá o dereito ao premio e se procederá a contactar por orde cos reservas.
Está previsto que as entregas dos premios sexan no Concello de Narón, en data e hora que serán comunicados telefonicamente. Para recibir o premio é obrigatorio asistir ou delegar en outra persoa, mediante documento que será facilitado pola organización.
Un mesmo participante pode levar máis de 1 premio sempre que sexan diferentes; é dicir, un participante non poder levar máis de 1 cesta, ou máis de 1 vale, pero sí pode resultar premiado con 1 cesta, e 1 vale, e o premio Parque Warner.

5.2. Responsabilidade e Potestade
A empresa Eventi coordina esta campaña para o Concello de Narón (entidade Organizadora), e por tanto encárgase de todo o proxecto de campaña que engloba: a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.
Eventi non asume responsabilidade nin merece mérito algún sobre as accións levadas a cabo pola ACN.
Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, resolverase de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi, cuxas decisións serán inapelables. Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi para liquidar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou responsabilidade algunha cos establecementos ou participantes

6. LIMITACIÓNS
Si se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Campaña, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Campaña.
Non poderán participar na Campaña as seguintes persoas:
• Os propietarios ou empregados dos comercios, nos seus propios establecementos.
• Os empregados da empresa coordinadora, Eventi.
• Os concelleiros e alcadesa do Concello de Narón.
Os premios conseguidos por propietarios ou empregados de comercios non se poden trocar no comercio propio ou no que están empregados.
Eventi resérvase o dereito, si concorre xusta causa e previa comunicación en legal forma, de facer calquera cambio, suspender ou ampliar esta Campaña.
No caso de que algún dos premios non puidese ser entregado por non haber participantes suficientes, o destino do premio decidirase de común acordo co Concello de Narón, facéndose público o acordo acadado.
Correrán a conta e cargo dos gañadores calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidera supoñerlle, así coma calquera outro gasto derivado da campaña que non estea expresamente asumido por Eventi nas Bases Legais publicadas na web da Campaña (www.comerciodenaron.com).

7.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Narón, que os comparte –unicamente con fins de funcionamento da campaña e para a realización dos sorteos– coa empresa Total Eventi 2015 SL con domicilio en Narón, rúa Río Castro, 2, Edif 2000, Local 7, e CIF número B70196217.
Eventi tómase moi en serio a protección da privacidade dos seus datos persoais. Por tanto, a súa información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.
De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, cada Participante, coa cumprimentación dalgunha papeleta manifesta expresamente a aceptación das Bases Legais e consinte que os datos persoais facilitados para a participación nesta Campaña poidan ser incorporados a un ficheiro titularidade de TOTAL EVENTI 2015 SL para tramitar a participación na campaña e para comunicarlle o premio no caso de que resultase gañador.
Informámoslle que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades:
– Dar a coñecer aos gañadores
– Facilitar a súa participación na Campaña
A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizar os datos e as imaxes para fins divulgativos e de promoción da campaña. Deste dereito o participante tamén fai partícipe ao Concello de Narón e á Asociación de Comerciantes de Narón (ACN).
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.
Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Eventi calquera modificación dos mesmos. Eventi resérvase o dereito a excluír da presente promoción a todo Participante que facilite datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Eventi de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.
Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (*iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email: produccion@eventi.es, indicando o motivo da súa petición e aportando algún documento que garanta a súa identificación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.
A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.
Para máis información, podes consultar a política de privacidade de Eventi a través da seguinte ligazón: https://eventi.es/legal.php

 

 

 

¿Tes un pequeno comercio en Narón? Rexístrate e participa.

    Os campos con asterisco (*) son obrigatorios