Campaña de promoción do pequeno comercio de Narón
Promovida pola concellería de promoción económica do Concello de Narón, coa colaboración de ACN.
Anímate a participar. Sorteamos:
- 1 vale de compra por valor de 1.000 €
- 1 vale de compra por valor de 600 €
- 1 vale de compra por valor de 400 €
- 4 cestas de Nadal
- 1 estadía en réxime de aloxamento + almorzo + entrada para 2 persoas no parque Warner Bros Madrid
Vales de compra.
Sorteamos 2 vales de compra de 600€ cada un e outros dous de 400€ cada un.
Ao rematar a campaña, faremos o sorteo entre todas as papeletas válidas; e decir, entre todas aquelas que teñan o selo de 1 dos comercios participantes e estean correctamente cubertas.
Cada vale deberá ser canxeado en 3 ou máis dos comercios que participan na campaña.
Acompañaremos a cada premiado e lle pagaremos as compras que faga ata esgotar o importe do premio.
Cada premiado disporá de 1 mañá ou 1 tarde para facer as compras, ainda que disporá duns días para pensar o que quere mercar, facer probas,etc.
Cestas de Nadal
Sorteamos 4 cestas de Nadal
Aproximadamente o día 18, elexiremos por sorteo público os 4 comercios nos que sortearemos as cestas. Presentarémonos nese comercio ao longo da mañá do día 19 e sortearemos a cesta entre as papeletas válidas que haxa na urna.
Chamarase ao premiado, que deberá personarse no concello para recoller a cesta.
Premio parque Warner Bros Madrid
Sorteamos 1 estadía en réximen de aloxamento + almorzo + entrada ao parque para 2 persoas.
A estadía será en réxime de aloxamento, almorzo e entrada ao parque para 2 persoas, xestionado a través de BÓKEN VIAJES.
Chamarase ao premiado, que deberá personarse no concello para recoller o bono canxeable.
O premiado deberá trocar o bono antes do 31 de marzo de 2023 en Bóken Viajes. Os bono está suxeito a dispoñibilidade e datas.
Cubre este formulario para inscribirte gratuitamente na Campaña. Unha vez verificada atúa inscripción, levarémoste o material promocional.