Sorteamos 2 vales de compra de 600€ cada un e outros dous de 400€ cada un.
Ao rematar a campaña, faremos o sorteo entre todas as papeletas válidas; e decir, entre todas aquelas que teñan o selo de 2 dos comercios participantes e estean correctamente cubertas.
Cada vale deberá ser canxeado antes do 15 de xaneiro de 2023 en 3 ou máis dos comercios que participan na campaña.
Acompañaremos a cada premiado e lle pagaremos as compras que faga ata esgotar o importe do premio.
Cada premiado disporá de 1 mañá ou 1 tarde para facer as compras, ainda que disporá duns días para pensar o que quere mercar, facer probas,etc.
Sorteamos 4 cestas de Nadal valoradas en máis de 300€ cada unha.
A partir do 5 de decembro, elexiremos por sorteo público 1 comercio cada semana. Presentarémonos nese comercio ao longo da mañá e sortearemos a cesta entre as papeletas válidas que haxa na urna.
Chamarase ao premiado, que deberá personarse no concello para recoller a cesta.
Sorteamos 4 estadías en réximen de aloxamento + almorzo + circuíto spa para 2 persoas.
Cada estadía será en réxime de aloxamento, almorzo e circuíto spa para 2 persoas, xestionado a través de BÓKEN VIAJES.
A partir do 5 de decembro elexiremos por sorteo público 1 comercio cada semana. Presentarémonos nese comercio ao longo da mañá e sortearemos a estadía entre as papeletas válidas que haxa na urna.
Chamarase ao premiado, que deberá personarse no concello para recoller o bono canxeable.
cada premiado deberá trocar o bono antes do 31 de marzo de 2023 en Bóken Viajes, ata un importe máximo por bono de 180€. Os bonos están suxeitos a dispoñibilidade de cada establecemento.
Cubre este formulario para inscribirte gratuitamente na Campaña. Unha vez verificada atúa inscripción, levarémoste o material promocional.