Tarxeta de puntos

Estratexia de fidelización

  1. Escanea o código QR que atoparás nos carteis da campaña, para rexistrarche.
  2. Recibirás, por unha banda, unha mensaxe de correo cun código QR. Doutra banda, o sistema xerará unha tarxeta de puntos que deberás descargar no teu móbil.
    • Se tes un iPhone a tarxeta descargarase na túa aplicación wallet automaticamente.
    • Se tes un Android, deberás ter instalada ou descargar a aplicación PassWallet, onde se gardará a túa tarxeta de puntos.
  3. Cada vez que fagas unha compra presencial nos comercios que participan nesta acción, ensina a túa tarxeta de puntos ou o teu QR. O comercio escaneará o código e selarache un dos puntos. Si fas unha compra online envía ao comercio unha foto ou un email co teu QR para que o poida escanear e darche puntos.
  4. Cando completes a tarxeta, recibirás outra nova para seguir acumulando puntos.
  5. Cada semana sortearemos 1 cesta de nadal entre os clientes que completasen polo menos 1 tarxeta de puntos.
  6. Ao final da campaña, sortearemos 2 vales de compra de 300€ cada un entre os clientes que completasen 2 tarxetas, e 2 vales de compra de 500 euros cada un entre os que completasen 3 ou máis tarxetas.

Teño un Android pero non quero descargar a aplicación Wallet.

Entón podes facerlle unha foto ao código QR que recibes por email no ordenador, ou ensina o correo con o QR se o recibes no móbil, ou faille unha captura de pantalla,  e amosala no comercio para que a escaneen. Vale así, aínda que non poderás ver os puntos que che quedan nin os que levas.

¿Dónde se garda a tarxeta de puntos no móbil?

Na aplicación wallet. Búscaa no móbil e ao abrila atoparás a tarxeta.

Teño problemas para ler o QR de rexistro de cliente.

Rexístrate usando este formulario:

Non sei leer o QR co móbil

Aquí che explica cómo facelo dependendo do móbil.

Acaban de sellarme un punto pero non me avisa

Tes que ter activadas as notificacións do móbil

Comercios donde podes escanear a túa tarxeta de puntos:

Chámanos ao 607391660 ou envíanos un whatsapp

Escanea este QR para rexistrarte:

Vídeo tutorial para clientes