Información para comercios

Campaña Nadal 2020

 

Acción tarxeta de fidelización:

Descarga no teu móbil a aplicación e entra coas claves. Todo isto mandámoscho por email ou whatsapp ao inscribirte.

Si tes varios empleados, cada un pode descargar a aplicación e manexala coas claves do comercio.

Cando un cliente che amose a súa tarxeta de puntos ou QR, só tes que escaneala coa aplicación, darlle 1 punto e pulsar no selo.

Si participas nesta acción (sempre e cando teñas feito algún selo en alomenos a tarxeta de 3 clientes), entras no sorteo de 3 vales de compra de 200 € cada un que deberás canxear en alomenos 2 dos comercios que participan nesta acción antes do 15 de xaneiro de 2021.

Ademáis, os clientes que participen poden gañar 2 vales de compra de 500 euros ou 2 vales de compra de 300 euros, que deberán canxear únicamente en alomenos 3 dos comercios que participan nesta acción antes do 15 de xaneiro de 2021.

No caso de venta online ou entrega a domicilio: pídelle ao cliente que che envíe o seu QR por email ou whatsapp para que o poidas escanear e darlle puntos.

Accións «concurso de debuxo, concurso de redacción e redes sociais»:

Tanto si participas na acción da tarxeta de puntos como si non, te podes beneficiar destas outras accións.

Os premios destas accións (1.400 euros en total) deberán ser canxeados por compras en alomenos 2 dos comercios participantes.

Participa co teu comercio na campaña:

    Os campos con asterisco (*) son obrigatorios



    Vídeo tutorial para comercios