Concurso de debuxo

Debuxa o teu comercio favorito

O concurso rexerase polas seguintes bases:

 

  1. Participantes
    Poden participar os nenos e nenas de entre os 2 e 14 anos.
    A efectos legais, enténdese como participantes aos pais, nais ou titores legais dos menores de idade rexistrados no concurso.
  2. Autorización
    Será imprescindible a achega da autorización dos pais, nais ou titores legais do neno ou nena.
  3. Condicións técnicas dos debuxos
    O tema será “Debuxa o teu comercio favorito”.
    Só se presentará 1 debuxo por participante.
    Todos os traballos orixinais presentaranse en formato DIN A4, en papel ou cartolina. A técnica será libre e poderase utilizar calquera material colorante (lapis de cores, rotuladores, acuarelas, ceras, etc.)
    O debuxo deberá representar un pequeno comercio de Narón dos que participan na campaña.
    Na esquina inferior dereita deberá figurar o nome do comercio, e o nome e primeiro apelido do autor.
  4. Presentación de traballos e prazos
    Os traballos presentaranse antes do 20 de Decembro de 2020, a través do enderezo electrónico nadal2020@comerciodenaron.com debendo gardar o orixinal para entregar no caso de ser premiado.
  5. Premios
    Establécense 3 premios de 100 euros cada un, que deberán ser trocados por compras en polo menos 2 dos comercios participantes.
    As decisións dos organizadores serán inapelables, debendo ser acatadas por todos os participantes.
  6. Recepción a premiados
    Os premios serán entregados no Concello de Narón, a donde deberán levar o debuxo orixinal, en data e hora que serán anunciadas coa debida antelación no portal web comerciodenaron. com.
    A organización poñerase en contacto cos pais, nais ou titores legais dos menores premiados para a entrega de premios.
  7. Dereitos de propiedade
    Os participantes ceden todos os dereitos dos deseños, imaxes e material realizado para participar no presente concurso, con carácter gratuíto ao Concello de Narón, podendo ser utilizados tanto polo Concello como pola Asociación de Comerciantes de Narón ou polos comercios participantes, para o seu uso, exhibición, reprodución, difusión e comunicación pública, indicando sempre o nome do autor.