Bases da Campaña

Extracto Legal

 

  1. Obxectivos da «Campaña Nadal 2020”.
    A presente campaña ten como obxectivo potenciar o pequeno comercio da localidade de Narón fronte á situación económica actual.
    A través de dita iniciativa preténdese dotar ao pequeno comercio de Narón dunha imaxe comercial forte e dunha plataforma de impulso de vendas, que prevea posibles peches temporais dos establecementos por mor da pandemia do COVID.
    Por tanto, como medida de prevención de contaxios, elimínase toda interacción por contato, limitándose o uso de papelería únicamente á colocación dos carteis informativos nos escaparates dos comercios participantes.
    Refórzase o uso das novas tecnoloxías, fomentando a modernización do tecido comercial, e permitindo a participación en caso de ventas on-line ou entregas a domicilio.
    Para paliar a barreira de entrada que supón a innovación, foméntase a participación das familias, implicando na campaña aos clientes.
  2. Vixencia da campaña
    A «Campaña Nadal 2020” abarca do 1 ao 31 de decembro de 2020 ás 13:00h e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma; podendo ser prorrogada de común acordo entre promotor (Concello de
    Narón) e a empresa xestora (Eventi). Colabora nesta Campaña a Asociación de Comerciantes de Narón, con accións propias.
  3. Tendo en conta todos estes aspectos, planificamos unha campaña que agrupa as seguintes accións:
    – Estratexia de fidelización: tarxeta de puntos ou tarxeta de fidelización
    – Estratexia de márketing relacional: concurso de redacción infantil
    – Estratexia de márketing relacional: concurso de debuxo Infantil
    – Estratexia de viralización: concurso en redes sociais
  4. Establecementos adscritos
    A empresa organizadora encargarase de informar e propor aos comercios de Narón, a adscrición á campaña.
    A participación é voluntaria e gratuíta.
    Os establecementos comerciais que desexen adherirse á campaña, poderán facelo ben a través de Internet (www.comerciodenaron.com) ou ben mediante chamada telefónica en horario comercial aos organizadores da campaña (607.391.660).
    Poderá adherirse, por tanto, calquera comercio de Narón que estea
    considerado como pequeno comercio.
    Os establecementos adheridos á «Campaña Nadal 2020” terán nas súas fachadas ou escaparates un cartel identificativo.
  5. Participación
    5.1 Dereitos e Deberes nos comercios
    Para poder participar na «Campaña Nadal 2020” é norma
    obrigada ter cumprida a maioría de idade.
    Non poderán participar como clientes os propietarios dos comercios, nos seus propios establecementos, nin o persoal de Eventi.
    Os comercios poden participar na campaña ainda que non participen na acción de «Tarxeta de Puntos».
    5.2 Protección de datos
    É necesario precisar que, durante toda a campaña e ao termo da mesma, respectarase a lei de protección de datos de carácter persoal nas condicións que figuran no formulario de rexistro así como as que poidan ser específicas de cada acción e/ou nos formularios de autorización.
    A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizalos para fins divulgativos e na propia web.
    O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.
  6. Premios
    1. Establécense os seguintes premios para os comercios:
      Sorteo de 3 vales de compra de 200 euros cada un entre os comercios que participen na acción «Tarxeta de puntos» sempre e cando teñan feito algún selo en alomenos a tarxeta de 3 clientes. Os vales de compra deberán ser canxeados en alomenos 2 dos comercios que participan nesta acción antes do 15 de xaneiro de 2021.
    2. Establécense os seguintes premios para os clientes:
      • Sorteo de 1 cesta de Nadal á semana, entre os clientes que completen 1 tarxeta de puntos que teñan polomenos 1 punto na súa tarxeta (actualizado o 10/12/2020 para fomentar a participación).
      • Sorteo de 2 vales de compra de 300€ cada un, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan completadas 2 tarxetas de puntos polomenos 3 puntos na súa tarxeta (actualizado o 10/12/2020 para fomentar a participación). Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2021 en alomenos 3 dos establecementos que participen na acción «Tarxeta de puntos» que teñan feito algún selo en alomenos a tarxeta de 3 clientes.
      • Sorteo de 2 vales de compra de 500€ cada un, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan completadas 3 ou máis tarxetas de puntos completada polomenos 1 tarxeta (actualizado o 10/12/2020 para fomentar a participación). Cada tarxeta compeltada é 1 participación para estos vales de compra. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2021 en alomenos 3 dos establecementos que participen na acción «Tarxeta de puntos» que teñan feito algún selo en alomenos a tarxeta de 3 clientes.
      • Concurso de debuxo: sorteo de 3 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2021 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña.
      • Concurso de redacción: sorteo de 3 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2021 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña.
      • Concurso en redes sociais: sorteo de 2 vales de compra de 100€ cada un entre os participantes. Os vales deberán canxearse antes do 15 de xaneiro de 2021 en alomenos 2 dos establecementos que participen na campaña.
  7. Entrega e disfrute dos premios
    As entregas dos vales de compra producirase no Concello de Narón, en data e hora que serán comunicados telefónicamente ou por email.
  8. Responsabilidade e Potestade
    Eventi, como empresa organizadora da «Campaña Nadal 2020” encárgase de todo o proxecto de campaña que engloba a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.
    Eventi non asume responsabilidade nin merece mérito algún sobre as accións levadas a cabo pola ACN.
    Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, solventarase de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi, cuxas decisións serán inapelables. Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o Concello de Narón e Eventi para liquidar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou
    responsabilidade algunha cos establecementos ou participantes

 

¿Tes un pequeno comercio en Narón? Rexístrate e participa.

    Os campos con asterisco (*) son obrigatorios