Merca Nadal en Narón

Acerca del evento

BASES LEGAIS DA “CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN 2024”

Enlace de inscrición

1.  OBXECTIVOS DA “CAMPAÑA NADAL 2024”

A presente campaña ten como obxectivo incentivar o consumo no pequeno comercio da localidade de Narón durante a época de Nadal.

2.  DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

A “Campaña Nadal 2024” abarca do 2 ao 29 de decembro de 2024 e desenvolverase nos establecementos adscritos á mesma.

3.  REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO COMERCIO

3.1 Participación como comercio na campaña de Nadal

O Concello de Narón realizará unha presentación da campaña de Nadal para difundir todas as accións, dándolle publicidade ás bases a través da súa web e redes sociais. A empresa coordinadora apoiará a difusión poñéndose en contacto coa asociación de comerciantes locais e tamén individualmente co maior número de comercios para animalos a adscribirse á campaña.

A participación é voluntaria e gratuíta.

Os establecementos comerciais que desexen sumarse á campaña, poderán facelo ben a través do correo nadalnaron2024@gmail.com ou do número de whatasapp 672 591 409 indicando no asunto “Campaña de promoción do comercio”. Poderá inscribirse calquera comercio de Narón que estea considerado como pequeno comercio.

Os establecementos participantes terán nas súas fachadas ou escaparates un cartaz identificativo subministrado pola empresa Pingota  Comunicación S. Coop. Galega. Os requisitos de participación para os comercios serán os seguintes:

  • Ter localización física en Narón
  • Ter colocado, en lugar ben visible, o cartaz da campaña
  • Cumprir as presentes bases

Pingota Comunicación S. Coop. Galega entregará aos locais participantes cartas dirixidas aos Reis Magos para que poidan ser entregadas aos nenos e nenas de Narón.

  • Participación como cliente na campaña de Os requisitos de participación para os clientes son:
  • Poderán participar aquelas persoas maiores de idade que fagan compras nos comercios inscritos na Campaña dentro de período de validez da mesma. Poderán participar os empregados e propietarios dos comercios cando actúen como clientes, ou sexa, cando fagan compras en comercios distintos aopropio
  • Os datos persoais cos que os participantes cubran o formulario de inscrición deberán ser datos reais e completos (nome + apelidos + teléfono).

3.2 Participación como cliente na campaña de Nadal.

Os requisitos de participación para os clientes son:

  • Poderán participar aquelas persoas maiores de idade que fagan compras nos comercios inscritos na Campaña dentro de período de validez da mesma.
  • Poderán participar os empregados e propietarios dos comercios cando actúen como clientes, ou sexa, cando fagan compras en comercios distintos ao propio.
  • Os datos persoais cos que os participantes cubran o formulario de inscrición deberán ser datos reais e completos (nome + apelidos + teléfono).

4.  MECÁNICA DA CAMPAÑA.

Cada comercio establecerá un importe mínimo de compra a partir do cal entregará ou selará unha papeleta de participación. Este importe mínimo deberá ser o mesmo para todos os clientes.

O selo debe conter como mínimo o nome comercial do establecemento ou o seu nome fiscal. Se o establecemento non dispón de selo terá que grampar na papeleta o tícket de compra cos datos do comercio (nome, nif/cif e data de compra).

No decurso da campaña, en dúas semanas diferentes, desenvolveranse os sorteos públicos dos que sairán os nomes dos comercios aos que o persoal da organización se achegará (avisando cunhas horas de antelación) para elixir o gañador ou gañadora de cada unha das cestas de Nadal, mediante a extracción dunha papeleta entre as papeletas válidas que teña depositadas na urna nese momento.

Nos sorteos para a elección dos comercios extraeranse así mesmo os nomes doutros comercios suplentes, aos que a organización acudirá no caso de que os primeiros non tivesen papeletas válidas na urna.

Dependendo do día no que se inicie de forma efectiva a campaña (isto é, cando o 90% dos comercios dispoñan de urna, papeletas e cartaz) en lugar de sortear 2 cestas por semana, a organización pode decidir sortear todas as cestas o mesmo día.

5.  PREMIOS

Establécense os seguintes premios para os clientes:

  • Sorteo de 4 cestas de Nadal, con entre os clientes que teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña.
  • Sorteo de 1 vale de compra por valor de 1000 €, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.
  • Sorteo de 1 vale de compra por valor de 600 €, entre os clientes que ao rematar acampaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.
  • Sorteo de 1 vale de compra por valor de 400 €, entre os clientes que ao rematar a campaña teñan depositadas papeletas válidas, dentro do período de validez da campaña. Os vales deberán trocarse en 3 ou máis dos establecementos participantes.

5.1. Entrega e desfrute dos premios

Para cada premio extraeranse ata 4 papeletas correspondentes a premiado e 3 reservas. A comunicación a cada premiado farase mediante chamada ao número de teléfono que figura na papeleta. Se o premiado non resposta a 5 intentos de chamada no caso das cestas ou ao longo do día para o resto de premios, perderá o dereito ao premio e se procederá a contactar por orde cos reservas.

Está previsto que as entregas dos premios sexan no Concello de Narón, en data e hora que serán comunicados telefonicamente. Para recibir o premio é obrigatorio asistir ou delegar noutra persoa cunha autorización firmada e copia do DNI do premiado.

Un mesmo participante pode levar máis de 1 premio sempre que sexan diferentes; é dicir, un participante non poder levar máis de 1 cesta, ou máis de 1 vale, pero sí pode resultar premiado con 1 cesta e 1 vale.

5.2. Responsabilidade e Potestade

A empresa Pingota Comunicación S. Coop. Galega coordina esta campaña para o Concello de Narón (entidade organizadora), e por tanto encárgase de todo o proxecto de campaña, que engloba a idea creativa, a planificación, o desenvolvemento e a supervisión da mesma. Así mesmo, velará pola imparcialidade e a total transparencia en cada un dos premios e sorteos.

Calquera baleiro ou imprevisto nas bases da presente campaña, resolverase de común acordo entre o Concello de Narón e Pingota Comunicación S. Coop. Galega e as súas decisións serán inapelables. Estas bases poderán ser obxecto de modificación de común acordo entre o Concello de Narón e Pingota Comunicación para solventar imprevistos na mesma, sen que iso leve obrigación ou responsabilidade algunha cos establecementos ou participantes.

8.  LIMITACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Campaña, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Campaña.

Non poderán participar na Campaña as seguintes persoas:

  • Os propietarios ou empregados dos comercios nos seus propios
  • Os empregados da empresa coordinadora, Pingota Comunicación Coop. Galega.
  • Os concelleiros e alcadesa do Concello de Narón.

Os premios conseguidos por propietarios ou empregados de comercios non se poden trocar no comercio propio ou no que están empregados.

Pingota Comunicación resérvase o dereito, si concorre xusta causa e previa comunicación en forma legal, de facer calquera cambio, suspender ou ampliar esta Campaña.

No caso de que algún dos premios non puidese ser entregado por non haber participantes suficientes, o destino do premio decidirase de común acordo co Concello de Narón, facéndose público o acordo acadado.

Correrán a conta e cargo dos gañadores calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidera supoñerlle, así coma calquera outro gasto derivado da campaña que non estea expresamente asumido por Pingota Comunicación, S. Coop. Galega nas Bases Legais publicadas polo Concello.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

O responsable do tratamento dos seus datos é Pingota Comunicación S. Coop. Galega – con domicilio en Ferrol, Rúa Galiano, 24 4º. 15402 Ferrol. NIF F-70467097- que os recolle unicamente con fins de funcionamento da campaña e para a realización dos sorteos.
A información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.
De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, cada participante, coa cumprimentación dalgunha papeleta, manifesta expresamente a aceptación das Bases Legais e consinte que os datos persoais facilitados para a participación nesta Campaña poidan ser incorporados a un ficheiro titularidade de Pingota Comunicación S. Coop. Galega para tramitar a participación na campaña e para comunicarlle o premio no caso de que resultase gañador.
Informámoslle que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades:
– Dar a coñecer aos gañadores
– Facilitar a súa participación na Campaña
A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizar os datos e as imaxes para fins divulgativos e de promoción da campaña. Deste dereito o participante tamén fai partícipe ao Concello de Narón.
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.

Os participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Pingota Comunicación S. Coop. Galega calquera modificación dos mesmos. Pingota Comunicación S. Coop. Galega resérvase o dereito a excluír da presente promoción a todo participante que facilite datos falsos.

Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Pingota Comunicación de substraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.

Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (*iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email: pingota@pingota.com, indicando o motivo da súa petición e aportando algún documento que garanta a súa identificación. Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.

10.- CALENDARIO

O calendario de referencia para estas campañas -que poderá ser modificado de común acordo entre o Concello de Narón e a empresa Pingota Comunicación S. Coop. Galega- é o seguinte:

-Os comercios poderán adherirse en calquera momento á campaña de Nadal a través da correspondente inscrición e ata a data límite establecida, que será o día 24 de decembro (incluído), último día no que será posible depositar as papeletas nas urnas nos establecementos.

-Recollida das urnas nos locais participantes: 26 de decembro.

-Entrega de carteis, papeletas e cartas dos Reis Magos aos establecementos. Ata o 3 de decembro.

-Sorteos de cestas: 13 e 20 de decembro (o sorteo dos locais onde se celebrarán o sorteos faranse os días anteriores a estas dúas datas).

-Entrega das cestas: 23 de decembro

-Sorteos de vales de compra: 27 de decembro.

-Acto de entrega dos vales de compra: 30 de decembro.

-Acompañamento para os vales de compra 2 e 3 de xaneiro

Escribe un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Fecha del Evento

Fecha de inicio del evento
02nd December 2024
Horario de apertura
Monday
Fecha de cierre del evento
29th December 2024
Hora de Cierre
Sunday

Lugar del evento

Narón

Escribe un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.