Sorteo dun Cruceiro para dúas persoas entre as compras realizadas do 15 de Setembro ao 15 de Outubro (en comercios adheridos)
Bases do sorteo:
O prazo do sorteo será do 15 de Setembro ao 15 de Outubro (ata as 12:00 horas).
O premio do sorteo é un Cruceiro polo Mediterráneo para dúas persoas valorado en 3.000 euros.
Poderán participar no sorteo todas aquelas persoas que realicen compras nos comercios asociados.
Poderán participar os titulares dos comercios asociados, sempre que a participación non se realice no seu propio local.
Non poderán participar no sorteo as persoas menores de idade.
Coas compras en cada comercio asociado, entregáranse as correspondentes papeletas para a participación.
O importe mínimo da compra para recibir unha papeleta será decisión de cada un dos establecementos participantes.
Para que as papeletas sexan válidas para a participación no sorteo, teñen que estar correctamente cubertas. A falta dalgún dos datos existentes nas mesmas será motivo suficiente para rexeitar a papeleta.
Cada papeleta deberá ter ademais na súa parte traseira a identificación do comercio asociado mediante cuño ou calquera medio válido aos efectos.
Os comercios asociados deberán entregar as urnas coas correspondentes papeletas o Luns 17 de Outubro no local da Asociación de Comerciantes de Narón, en horario de 08:30 a 09:15 horas. De non ser posible a entrega neste horario, o establecemento deberá poñerse en contacto coa Directiva da Asociación.
O sorteo terá lugar o Luns 17 de Outubro ás 09:30 horas no local social da ACN.
Unha vez proclamado o gañador, o premio debe canxearse no comercio asociado Boken Viajes, no prazo de tres meses dende a celebración do sorteo. Neste prazo unicamente é obrigatoria a reserva, puidendo desfrutar do Cruceiro en datas posteriores.
Escribe un comentario