Esta tarde, na sala de prensa do Concello de Narón, fíxose entrega das outras dúas cestas de Nadal da Campaña de promoción do pequeno comercio local, promovida pola concellería de promoción económica de Narón.
Ao acto, ademáis das premiadas, Eva Castro (de Narón) cunha papeleta selada na libraría Pasapáxina e Aránzazu Garnelo (de Ferrol) cunha papeleta selada en Bioreona, asistiron o concellal de promoción económica de Narón, David Pita, e Susana Oreona en representación do establecemento Bioreona.