A Campaña de Primavera da Asociación Comerciantes de Narón ter por obxectivo impulsar e dinamizar o pequeno comercio local, impulsando as ventas e reforzando a unión entre os comercios.
Estas son as bases que rexen a Campaña:
- A Campaña de Primavera da Asociación Comerciantes de Narón comeza ás 10:00h do día 21 de Abril de 2021 e remata ás 20:30h do día 21 de Maio de 2021.
- Os comercios nos que se poderá participar terán colocados os carteis promocionáis en lugar visible. Tamén figurarán na web informativa da Campaña.
- Para participar na Campaña hai que ser maior de idade. O feito de participar aportando datos de contacto significa que o cliente coñece e acepta tanto as Bases de Participación como a Política de Privacidade. Ambas figuran publicadas na web informativa da Campaña en www.comerciodenaron.com.
- Non poden participar nos seus propios comercios os propietarios dos establecementos asociados á A.C.N. nin os seus familiares directos.
- Cada comercio establece un importe mínimo de compra a partir do cal pode entregar un tícket ao cliente. Nese tícket o cliente deberá anotar os seguintes datos:
- Nome e Apelidos
- DNI
- Teléfono de contacto
- Os tíckets con datos incompletos ou non veraces, rotos, ilexibles, pintarraxeados ou que ofrezan dúbida de autenticidade, non serán válidos.
- Unha vez rematada a campaña, elixiranse por sorteo 3 comercios. Das urnas de estes comercios sacarase aleatoriamente un tícket que corresponderá a cada un dos 3 premiados.
- Os premios consistirán en 3 tabletas iPad 10.2″ 2020 128GB WIFI, 1 para cada premiado.
- Un cliente non pode recibir máis de 1 premio
- A entrega dos premios farase de xeito público en lugar e data comunicados pola Asociación Comercio de Narón.
- A Organización poderá facer, compartir e divulgar imaxes dos premiados, e mesmo seus nomes, con fins de difusión e transparencia da campaña
- A web de información da campaña é: www.comerciodenaron.com
- Para o non previsto nas presentes Bases terá validez a decisión tomada pola directiva da A.C.N.