BASES REGULADORAS DO CONCURSO “EN NADAL, DECORA NARÓN 2023”
1. OBXECTO
As presentes Bases Reguladoras teñen como obxecto regular o concurso “En Nadal, Decora Narón 2023”, co fin de favorecer o ambiente de nadal do municipio e fomentar e impulsar o pequeno comercio local e de proximidade mediante a decoración das fachadas dos comercios e locais de hostalaría da localidade.
2. REQUISITOS DOS SOLICITANTES
1. Poderán participar no concurso aqueles comerciantes e hosteleiros que cumplan os seguintes requisitos:
a) Ser persoa xurídica ou persoa física maior de idade.
b) Dispoñer dun establecemento comercial ou un local de hostalaría aberto ao público no municipio de Narón que conte con escaparate ou porta visible dende a vía pública e a correspondente licenza de funcionamento en vigor. Quedan excluidas da convocatoria as grandes superficies comerciais.
2. Os participantes deberán manter decorado o exterior do establecemento, co que se presentan ao concurso durante o período mínimo comprendido entre o 1 e o 31 de decembro de 2023.
3. CARACTERÍSTICAS DOS DECORADOS
1. Os participantes deberán decorar o exterior do local con motivos navideños.
2. Non está permitido presentar ao concurso deseños que alberguen contidos ofensivos, sexistas, discriminatorios ou violentos. Se descalificarán aqueles participantes que presenten deseños con ditos contidos.
4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O plazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 (modificado a petición da concellalía) 20 de decembro de 2023, debendo cumplimemtar a inscripción que figura na web www.comerciodenaron.com/concurso adxuntando como mínimo 3 fotografías que amosen todos os detalles da decoración EXTERIOR.
2. Solo se admite unha solicitude por establecemento.
5. XURADO
1. O xurado será designado polo Concello de Narón, e se dará a coñecer unha vez asinada a acta do concurso.
2. O fallo do xurado, que será inapelable, emitirase o día 28 de decembro. As decisións do xurado constarán en acta.
6. CATEGORIAS E PREMIOS
Establécense dúas categorías de premios
• Premio á mellor decoración exterior de COMERCIOS: estancia dunha noite nun aloxamento rural para dúas persoas
• Premio á mellor decoración exterior de HOSTALARÍA: estancia dunha noite nun aloxamento rural para dúas persoas
Os establecementos porpostos son:
• Lar de Rabacallos: en réxime de A+D para 2 persoas. Situado en Rabacallos, preto de Parada de Sil.
• Casa dos Muros: en réxime de aloxamento para 2 persoas. Situado en Pantón.
O premio está suxeito a dispoñibilidade no momento de facer a reserva. Non válido para datas sinaladas como Semana Santa, Entroido, Nadal, verán….
O premiado pode acordar coa axencia de viaxes xestora do premio (Böken Viajes) calquera outro aloxamento do mesmo prezo, ou asumindo a diferenza.
7. CRITERIOS DE VALORACIÓN
1. A puntuación máxima, que será de 40 puntos, repartirase do seguinte xeito:
• Orixinalidade: 10 puntos
• Deseño: 10 puntos
• Iluminación: 10 puntos
• Impacto visual: 10 puntos
2. O xurado decidirá a puntuación que se asigne a cada comercio e a cada local hosteleiro tendo en conta os criterios de valoración. Adxudicarase o primeiro premio aquel participante que obteña a puntuación máis alta. En caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente/a do xurado.
8. ENTREGA DE PREMIOS
1. Os participantes que resulten premiados deberán presentarse no Concello de Narón en data e hora que lle serán comunicados telefonicamente.
2. Para recibir o premio é obrigatorio asistir ou delegar en outra persoa, mediante documento que será facilitado pola organización.
9. PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Narón, que os comparte –unicamente con fins de funcionamento do concurso e para a realización da valoración– coa empresa Total Eventi 2015 SL con domicilio en Narón, rúa Río Castro, 2, Edif 2000, Local 7, e CIF número B70196217.
Eventi tómase moi en serio a protección da privacidade dos seus datos persoais. Por tanto, a súa información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.
De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, cada Participante, coa cumprimentación sa solicitude manifesta expresamente a aceptación das Bases Legais e consinte que os datos persoais facilitados para a participación neste concurso poidan ser incorporados a un ficheiro titularidade de TOTAL EVENTI 2015 SL para tramitar a participación no concurso e para comunicarlle o premio no caso de que resultase gañador.
Informámoslle que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades:
• Dar a coñecer aos gañadores
• Facilitar a súa participación no concurso
A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento do mesmo, podendo utilizar os datos e as imaxes para fins divulgativos e de promoción do concurso. Deste dereito o participante tamén fai partícipe ao Concello de Narón.
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.
Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Eventi calquera modificación dos mesmos. Eventi resérvase o dereito a excluír da presente promoción a todo Participante que facilite datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Eventi de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.
Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (*iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email: produccion@eventi.es, indicando o motivo da súa petición e aportando algún documento que garanta a súa identificación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.
A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.
Para máis información, podes consultar a política de privacidade de Eventi a través da seguinte ligazón: https://eventi.es/legal.php