CERTAME DE DECORACIÓN EXTERIOR DIRIXIDO A ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS
O Concello de Narón realizará unha presentación da campaña de Nadal para difundir todas as accións, dándolle publicidade as bases a través da súa web e redes sociais. A empresa coordinadora apoiará a difusión poñéndose en contacto coa asociación de comerciantes e de hostalería locais e tamén individualmente co maior número de comercios e establecementos de hostalería para animalos a adscribirse ao certame de decoración exterior.
A participación é voluntaria e gratuíta.
Os establecementos comerciais que desexen sumarse á campaña poderán facelo ben a través do correo nadalnaron2024@gmail.com ou do número de whatasapp 672 591 409 indicando no asunto “Concurso de decoración exterior”. Poderá inscribirse calquera comercio ou establecemento de hostalería de Narón que estea considerado como pequeno comercio.
Os requisitos de participación para os comercios serán os seguintes:
– Ter localización física en Narón
– Ter colocado, en lugar ben visible, o cartaz da campaña
– Cumprir as presentes bases
Os establecementos deberán enviar ao correo eletrónico nadalnaron2024@gmail.com unha ou máis fotografías da súa decoración de Nadal.
O xurado do certame estará formado por tres persoas pertencentes a entidades representativas do ámbito do comercio, a hostalería e a decoración, que elixirán o premio ao establecemento coa mellor decoración exterior.
Este consistirá nunha decoración exterior para o local realizada por un profesional do sector.
O responsable do tratamento dos seus datos é Pingota Comunicación S. Coop. Galega – con domicilio en Ferrol, Rúa Galiano, 24 4º. 15402 Ferrol. NIF F-70467097- que os recolle unicamente con fins de funcionamento da campaña e para a realización dos sorteos.
A información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.
De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, cada participante, coa cumprimentación dalgunha papeleta, manifesta expresamente a aceptación das Bases Legais e consinte que os datos persoais facilitados para a participación nesta Campaña poidan ser incorporados a un ficheiro titularidade de Pingota Comunicación S. Coop. Galega para tramitar a participación na campaña e para comunicarlle o premio no caso de que resultase gañador.
Informámoslle que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades:
– Dar a coñecer aos gañadores
– Facilitar a súa participación na Campaña
A organización poderá facer un seguimento e reportaxe gráfica do desenvolvemento da mesma, podendo utilizar os datos e as imaxes para fins divulgativos e de promoción da campaña. Deste dereito o participante tamén fai partícipe ao Concello de Narón.
O participante, polo feito de selo, coñece e consinte o uso dos seus datos persoais e a súa imaxe para os fins especificados.
Os participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Pingota Comunicación S. Coop. Galega calquera modificación dos mesmos. Pingota Comunicación S. Coop. Galega resérvase o dereito a excluír da presente promoción a todo participante que facilite datos falsos.
Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non podéndose responsabilizar a Pingota Comunicación de substraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.
Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (*iv) oporse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email: pingota@pingota.com, indicando o motivo da súa petición e aportando algún documento que garanta a súa identificación. Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.
A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.
-Inscrición de establecementos para o certame de decoración exterior. Ata o 10 de decembro.
-Fallo do concurso de decoración de locais. O 19 de decembro.
-Acto de entrega do premio: 30 de decembro.
Escribe un comentario