O concellal de promoción económica, David Pita, ven de presentar a campaña de Nadal 2022 de promoción do pequeno comercio local
Esta mañá presentouse no Concello de Narón a campaña de Nadal 2022 de promoción do pequeno comercio local.
Nesta ocasión retómase o tradicional método de participación mediante papeleta e se poñen en xogo os seguintes premios entre os clientes do pequeno comercio naronés:
- 4 estadías en réxime de aloxamento + almorzo + circuíto spa para dúas persoas.
- 4 cestas de Nadal valoradas en 300 euros cada unha.
- 2 vales de compra por valor de 400 euros cada un, canxeables por compras nos comercios participantes.
- 2 vales de compra por valor de 600 euros cada un, canxeables por compras nos comercios participantes.